Leite +Proteínas no lineal de Mercadona

O Leite +Proteínas de Mercadona vende máis de 12.000 unidades diarias

19 de agosto de 2020
  • O innovador produto contribúe á achega extra de proteínas e calcio para o mantemento da masa muscular e dos ósos.
  • O Provedor Totaler Lactiber León S.L. encárgase de fabricar este produto.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, culmina a implantación do Leite +Proteínas de Hacendado nas súas máis de 1.600 tendas e logra vender máis de 12.000 unidades diarias. Este produto, que comezou a ocupar os lineais dos supermercados da cadea o pasado ano, achega ao organismo unha dose extra de proteínas e calcio que contribúen ao mantemento da masa muscular e dos ósos.

Trátase de leite desnatado sen lactosa indicado para “Xefes” (clientes) de todas as idades, pero que polas súas propiedades é especialmente beneficioso para deportistas, persoas a partir dos 50 anos e aqueles que teñen problemas de mobilidade e alimentación.

O innovador produto Leite +Proteínas de Mercadona, fabricado polo Provedor Totaler Lactiber León S.L. baixo a marca Hacendado, pódese adquirir en formato brik individual de 1 litro ou en formato paquete composto por 6 unidades de 1 litro.

O Leite +Proteínas  foi recoñecido polo Institud Cerdà que, a través do “Observatorio de Innovación en Gran Consumo”, o considerou, xunto cos batidos da mesma gama, como unha das mellores innovacións do sector do ano 2020.

Comprometidos cos produtos de orixe nacional

En 2019 as compras de Mercadona en España alcanzaron un valor superior aos 19.970 millóns de euros. Grazas aos acordos comerciais da compañía co sector primario, Mercadona colabora con 9.500 agricultores, 12.000 pescadores e 6.700 gandeiros. Neste sentido, o 100% do leite Hacendado é de orixe nacional e procede das compras realizadas a máis de 3.000 gandeiros de varios puntos de España. A compañía tamén apoia o consumo do leite con diversas iniciativas levadas a cabo polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para a promoción deste produto e outros lácteos.

Leite +Proteínas no lineal de MercadonaLeite +Proteínas no lineal de Mercadona.

Logo EActiVate