70% Alcohol Perfumado en spray no lineal de Mercadona

O innovador alcohol perfumado en spray de Mercadona vende 50.000 unidades ao día

29 de maio de 2020
  • Este produto xorde do laboratorio de coinnovación co provedor Francisco Aragón e o cliente, quen pedía unha solución práctica e áxil para limpar con total seguridade.
  • Limpa en profundidade practicamente calquera superficie sen necesidade de aclarar.
  • O Provedor Totaler Francisco Aragón, especialista en aerosois e responsable de elaborar esta novidade, reinvéntase e adapta o seu coñecemento a esta nova necesidade.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, desenvolve un innovador alcohol perfumado en spray e vende 50.000 unidades ao día.

70% Alcohol Perfumado de Mercadona xorde da coinnovación co “Xefe” (cliente) e co provedor Francisco Aragón, tras realizar máis de 20 sesións con 30 clientes para desenvolver un produto que se axustase ás súas necesidades: unha solución práctica e áxil para limpar en profundidade e facer fronte a esta difícil situación que se está vivindo.

A principal característica deste alcohol perfumado en spray de Mercadona, dispoñible en toda a cadea dende principios de maio, é que limpa practicamente calquera superficie sen necesidade de aclarar e deixa un olor agradable.  

Francisco Sánchez, Director de Relacións Institucionais de Francisco Aragón, manifesta que este produto “xorde das achegas de numerosos clientes de Mercadona cos que o desenvolvemos directamente. O éxito de vendas que está tendo é grazas á súa experiencia de uso, ao seu alto poder limpador e ao sinxela que resulta a súa aplicación. Poder desenvolvelo no centro de coinnovación de Mercadona permitiunos innovar dende ‘O Xefe’ e co ‘Xefe’. Fixemos un excelente produto a partir da innovación conxunta”.

Así mesmo, hai que destacar a capacidade de adaptación do Provedor Totaler Francisco Aragón, responsable de fabricar este produto en Molina de Segura (Región de Murcia), ao reinventarse ante esta excepcional situación e adaptar a súa especialidade en aerosois a esta nova necesidade de alcohol perfumado en spray

Vídeo en español

70% Alcohol Perfumado en spray no lineal de Mercadona70% Alcohol Perfumado en spray no lineal de Mercadona.

Logo EActiVate