Borrador Máxico Bosque Verde dispoñible en Mercadona

O Borrador Máxico de Mercadona sorprende pola súa versatilidade de usos

21 de septembro de 2022
  • Este produto triunfa pola súa eficacia para eliminar marcas e manchas de sucidade nas portas, paredes, rodapés, chans e material deportivo; entre outros.
  • O Provedor Totaler Nuvaria Global elabora este produto nas súas instalacións situadas en Hinojos (Huelva).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, sorprende aos seus “Xefes” (clientes) coa versatilidade de usos do seu Borrador Máxico Bosque Verde. Este produto, dispoñible nas máis de 1.600 tendas que a compañía ten en España e Portugal, serve para eliminar marcas e manchas de sucidade en diversas superficies como portas, paredes, rodapés, chans ou material deportivo; entre outras. 

Este Borrador Máxico de Mercadona, elaborado polo Provedor Totaler Nuvaria Global en Hinojos (Huelva), conta con dúas caras ben diferenciadas. Por un lado, ten unha parte de cor branca que serve para eliminar as manchas máis difíciles, e, por outro lado, unha vermella que é utilizada para absorber posibles residuos.

Borrador Máxico Bosque Verde dispoñible en MercadonaBorrador Máxico Bosque Verde dispoñible en Mercadona.