Botella de aceite de oliva virxe extra Hacendado Nova Campaña

Novo aceite de Mercadona de edición limitada: Aceite de oliva virxe extra Hacendado Nova Campaña

14 de decembro de 2017
  • Nesta nova edición do Aceite Nova Campaña Hacendado, de produción limitada por se tratar dunha selección dos primeiros aceites de oliva virxe extra de novembro, comercializaranse 600.000 botellas nos supermercados da cadea.
  • Este aceite de Mercadona xa está dispoñible en todas as tendas da cadea. 

Oleoestepa, sociedade cooperativa produtora e comercializadora de aceite de oliva virxe extra con sede no concello sevillano de Estepa, lanza unha nova edición do Aceite de Mercadona oliva virxe extra Hacendado Nova Campaña, de produción limitada por ser un produto elaborado a partir dos primeiros aceites virxe extra da campaña. Nesta edición comercializaranse 600.000 botellas.

A nova edición do Aceite Hacendado Nova Campaña é un coupage de aceites de oliva virxe extra procedentes das variedades manzanilla, oliva de folla branca e mais arbequina, froito dun coidado proceso de selección dos primeiros aceites producidos no mes de novembro do 2017. Trátase dun aceite de gran calidade cun perfil sensorial afroitado intenso con intensidades lixeiras de amargo e picante. A partir de hoxe está dispoñible en todos os supermercados de Mercadona.

Oleoestepa, cooperativa que conta con 17 lagares asociados situados nas provincias de Córdoba e Sevilla ao agrupar máis de 5.000 agricultores con máis de 52.000 hectáreas de oliveiral, envasa desde agosto do 2015 o aceite de oliva virxe extra Gran Selección Cooperativa Hacendado. Trátase dun coupage deseñado para a cadea de supermercados e que se comercializa nos establecementos de Mercadona en envase de vidro de 750 ml.

Fornecedores especialistas en aceite de oliva para Mercadona

Mercadona conta cunha importante rede de fornecedores especialistas en aceite de oliva. Deste xeito, á cooperativa sevillana Oleoestepa súmanse Acesur, ao subministrar a compañía desde a súa fábrica de Vilches (Xaén); Maeva, ao envasar para a cadea de supermercados nas súas instalacións de Escúzar (Granada); Dcoop, a través da súa filial industrial Mercaóleo en Antequera (Málaga); Olivar de Segura, con sede no concello de Puente de Génave (Xaén) e Sovena, ao contar con instalacións en Brenes (Sevilla) e mais en Andújar (Xaén). Tamén teñen dado o paso, ao se converteren en fornecedores especialistas formando parte deste clúster industrial aceiteiro, Borges, con fábrica en Tárrega (Lleida) e Aceites de Las Heras, sita en Utiel (Valencia).

Documento en español:

Botella de aceite de oliva virgen extra Hacendado Nueva Campaña

Aceite de oliva de Mercadona 100% nacional

Desde hai anos, Mercadona mantén o compromiso de, sempre que for viable, empregar materia prima de orixe nacional. Un claro exemplo é o do aceite de oliva Hacendado, 100% de orixe española tal como o acreditou o organismo independente Neoris nun recente estudo e así se indica na etiquetaxe.

Mercadona colabora estreitamente con máis de 500 fornecedores especialistas para poder satisfacer as necesidades do “Xefe”, como internamente se denomina o cliente. Grazas a isto, no último ano conseguiu introducir nos seus andeis máis de 300 produtos con máis frescura, máis locais e máis especializados que, en definitiva, satisfagan as expectativas dos consumidores. Grazas a este traballo conxunto, a compañía dispón dunha variedade eficaz que, independentemente de quen fabrique cada produto, responde aos seus elevados niveis de esixencia.