AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Nova memoria medio ambiente

Nova Memoria de Medio Ambiente de Mercadona

21 de xuño de 2019
  • Mercadona lanza unha nova edición bienal da súa Memoria de Medio Ambiente con todas as iniciativas na materia.
  • Mercadona destinou 74 millóns de euros de investimento os dous últimos anos a mellorar os seus procesos para a protección do Medio Ambiente
  • Entre as medidas, destacan a política de redución gradual de plásticos e os avances en aforro enerxético pola aposta por novas tendas eficientes.

Mercadona non é allea aos retos aos que se enfronta a sociedade da que forma parte. Entre as principais estratexias para satisfacer e convivir coa sociedade que a rodea, Mercadona dispón dende hai anos dun sistema de xestión ambiental propio centrado en reducir impactos en tres áreas principais: loxística, consumo enerxético e xestión de residuos.

Mercadona considera que unha xestión medioambiental efectiva é crucial para o bo funcionamento e a sostibilidade dunha empresa. Por iso, nos dous últimos anos, destinou 74 millóns de euros de investimento a implantar medidas que melloren os seus procesos en beneficio do Medio Ambiente.

A política integral de xestión ambiental de Mercadona e os seus últimos feitos poden consultarse na memoria de Medio Ambiente 2017-2018.

 

Memoria medioambiental 2017-2018

Descargar

 

 

 

 

Resumo da política de xestión ambiental de MercadonaResumo da política de xestión ambiental de Mercadona.

  • Optimización loxística

Mercadona dispón dunha estratexia de transporte sostible para adecuarse aos novos desafíos operativos e ambientais que van xurdindo no ámbito. O obxectivo xeral da loxística de Mercadona é "transportar máis con menos recursos". Ademais da xestión eficiente da frota de transporte por estradas, mediante estratexias como a optimización da carga de camións, a loxística inversa ou a aposta por megatráileres, a compañía está realizando probas con combustibles e tecnoloxías alternativas que permitan manter a eficiencia loxística e mellorar os impactos ambientais.

Todas as medidas de Optimización loxística de Mercadona poden consultarse na última memoria.

  • Aforro enerxético

O uso responsable da enerxía é un dos compromisos de Mercadona. Entre as principais medidas no ámbito, está a posta en marcha da renovación das súas tendas cun novo modelo de tenda máis eficiente, que incorpora máis medidas de aforro enerxético.

Algunhas das medidas de aforro enerxético de MercadonaAlgunhas das medidas de aforro enerxético de Mercadona.

Mención especial merecen os xardíns urbanos que Mercadona ten implantados en fachadas ou cubertas dalgunhas tendas como medida para mellorar o illamento acústico e térmico dos supermercados, e cos conseguintes beneficios tanto para a biodiversidade como para o ámbito dos veciños.

Todas as medidas de Aforro enerxético de Mercadona poden consultarse na última memoria.

  • Xestión de residuos

A presenza de residuos no medio natural constitúe un impacto ambiental importante e un tema do que a sociedade é cada vez máis consciente.

A prevención é a estratexia fundamental de Mercadona na xestión dos residuos. Un feito é que nos dous últimos anos a taxa de reciclaxe do total de residuos de Mercadona se sitúa no 76%. Tamén destacan as diversas estratexias de Mercadona para evitar o desperdicio de alimentos.

Mercadona, ademais de aplicar numerosas iniciativas encamiñadas sobre todo á prevención de residuos, colabora activamente con provedores, institutos tecnolóxicos e outros actores sociais na busca das mellores estratexias para abordar o reto que presenta, especialmente, a contaminación causada polos plásticos.

Todas as medidas Xestión de residuos de Mercadona poden consultarse na última memoria.

Política de redución de plásticos en Mercadona

Mercadona está desenvolvendo unha estratexia global a medio prazo para reducir o uso de plásticos en Mercadona nos seus procesos. Ademais, a compañía está levando a cabo accións concretas que avanzan cara a este obxectivo e implantando alternativas xa dispoñibles. Como exemplos:

  • Mercadona eliminou os microplásticos de todos os seus produtos de cosmética e coidado persoal.
  • Mercadona traballa para que nos próximos anos o 100% dos envases de marca propia sexan reutilizables, reciclables ou compostables.
  • Mercadona eliminou as bolsas de plástico dun só uso na liña de caixas e a súa substitución pola tradicional bolsa de rafia de Mercadona, novas bolsas de papel reciclable, e novas bolsas cun 50-70% de plástico reciclado procedente da embalaxe utilizada nas tendas.
  • Mercadona está levando a cabo probas nalgunhas tendas para incorporar bolsas de material compostable e bolsas reutilizables na sección de Froita e Verdura.
  • Mercadona substituíu o plástico dos bastonciños para os oídos Deliplus por material celulósico.
  • Os envases da nova sección "Listo para Comer" de Mercadona están feitos con cartón e con polpa de celulosa extraída da cana de azucre.

Medidas de eliminación ou redución de plásticos en MercadonaMedidas de eliminación ou redución de plásticos en Mercadona.

  • Outros compromisos

Mercadona mantén un diálogo constante con todos os seus grupos de interese. Froito deste diálogo xorden compromisos e iniciativas encamiñados a mellorar en sostibilidade, compartir boas prácticas e abordar novos retos. Un exemplo de aposta pola sostibilidade é a política de pesca sostible de Mercadona ou a política de benestar animal de Mercadona.  

Mercadona é consciente de que lle queda moito por mellorar, pero os resultados conseguidos animan á compañía a seguir traballando nesta dirección.

Todos os feitos de Mercadona en materia de Medio Ambiente poden consultarse na última memoria.