Sérum Oil Curl Perfect dispoñible na Perfumería de Mercadona

Neocos Laboratorios inviste medio millón de euros nunha nova liña para elaborar a gama Curl de Mercadona

06 de xullo de 2022
  • A gama, apta para seguir o Método Curly xa que está composta por produtos elaborados sen alcohois secantes, sulfatos nin siliconas, conta con máis da metade dos seus envases fabricados con plástico reciclado.
  • O Provedor Totaler elabora estes produtos nas súas instalacións situadas en Algemesí (Valencia), para as máis de 1.600 tendas que a compañía ten situadas en España e Portugal.

Neocos Laboratorios, Provedor Totaler de Mercadona especializado en cosmética capilar, inviste máis de medio millón de euros en implantar e adaptar unha nova liña de produción para elaborar a gama Curl de Mercadona. Estes produtos, elaborados sen alcohois secantes, sulfatos nin siliconas, son aptos para seguir o Método Curly, unha rutina capilar que se basea na hidratación, nutrición, e no respecto natural do cabelo para potenciar o seu brillo natural e os rizos ou as ondas deste. O resultado é un cabelo máis hidratado, definido e con menor encrespamento.

Neocos Laboratorios, responsable de elaborar a gama Curl de Mercadona nas súas instalacións situadas en Algemesí (Valencia) para as máis de 1.600 tendas que a compañía ten situadas en España e Portugal, presenta máis da metade da gama en envases fabricados con plástico reciclado.

En concreto, esta liña de coidado capilar está composta polo xampú, a máscara con aclarado, o leave-in (máscara sen aclarado), o xel activador de rizos e o sérum oil; todos eles dispoñibles na Perfumería de Mercadona baixo o nome Curl Perfect.

Máxima calidade ao mellor prezo

Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha máxima calidade ao mellor prezo, sempre nesa orde; e non cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.

E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.

Selección Curl MercadonaSelección Curl Mercadona.

Imaxe cabeceira: Sérum Oil Curl Perfect de Mercadona.