- As distintas variedades deste produto desenvolvéronse a través da colaboración conxunta co “Xefe” (cliente).
- A bebida pódese encontrar nas súas variedades de mazá, amorodo/lima, mora e manga/maracuxá.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña,superou as 30.000 unidades vendidas ao día da súa nova selección de Ciders nas súas máis de 1.600 tendas. A bebida, denominada Cider Will Panther de Mercadona, ofrécese na variedade clásica de mazá, e noutros sabores como amorodo/lima, mora e manga/maracuxá.
A selección de Ciders de Mercadona, composta por Cider Will Panther Apple, Strawberry/Lime, Blackberry e Mango & Passion fruit, desenvolveuse a través da colaboración conxunta co “Xefe” (cliente), e permitiu, ademais, innovar coa incorporación dun sabor inédito, como é o de manga/maracuxá ou froita da paixón.
As catro variedades de Ciders están elaboradas polo Provedor Totaler Font Salem e están dispoñibles en todos os supermercados da cadea dende principios do mes de xullo; pódense adquirir por unidades ou en paquete de 12 botelliñas de 330 ml.
Selección de Ciders no lineal de Mercadona.