As novas patacas onduladas sabor queixo de Mercadona

Mercadona vende máis de 11.000 bolsas diarias da súas novas patacas onduladas sabor queixo

31 de xullo de 2020
  • Presentes en todas as tendas da península, Illes Balears, Ceuta e Melilla dende o pasado mes de xuño.
  • Trátase dun aperitivo ideal para combinalo con refrescos, cervexa e viño tinto, e que recibiu unha valoración moi alta nas sesións que a compañía realiza nos seus centros de coinnovación cos “Xefes” (clientes).
  • O Provedor Totaler PepsiCo produce este aperitivo para a cadea de supermercados en Burgos (Castilla y León).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, ampliou a oferta de aperitivos para “O Xefe” (cliente) coas novas Patacas Onduladas sabor Queixo. Presentes en todos os supermercados da península, Illes Balears, Ceuta e Melilla dende o pasado mes de xuño, rexistran unhas vendas de máis de 11.000 bolsas diarias.

O seu corte extraondulado e un sabor intenso a queixo curado obtivo moi boas valoracións como aperitivo nas sesións que a compañía realiza nos seus centros de coinnovación cos “Xefes”, resultan unha combinación ideal para refrescos, cervexa ou viño tinto.

A multinacional estadounidense PepsiCo é o Provedor Totaler deste produto, que se elabora en formato de 150 gramos no centro que a compañía ten en Burgos (Castilla y León).

As novas patacas onduladas sabor queixo no lineal de MercadonaAs novas Patacas Onduladas sabor Queixo no lineal de Mercadona.

Logo EActiVate