- O sabor foi desenvolvido con “Xefes” (clientes) de distintos centros de Mercadona, xunto ao equipo de I+D do provedor, buscando os ingredientes e os aromas máis adecuados para lograr un sabor impresionante e equilibrado.
- O Provedor Totaler Chic-kles Gum elabora esta variedade, única no mercado, nas súas instalacións de Riba-roja de Túria (Valencia).
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, sumou á súa oferta de gomas de mascar un sabor único no mercado: Xenxibre e Limón, dos que vende máis de 8.200 paquetes ao día, ideais para tomar despois das comidas ou entre horas, gozando dun sabor intenso e aromático, mestura de picante e refrescante.
Os Chic-kles Xenxibre e Limón de Hacendado son o resultado da coinnovación entre Mercadona, o provedor e os “Xefes” (clientes) de diversos centros, xunto ao equipo de I+D do provedor, na busca dos ingredientes e dos aromas máis adecuados para lograr un sabor impresionante e equilibrado.
A empresa Chic-kles Gum é o Provedor Totaler destas gomas de mascar, elaboradas na súa fábrica de Riba-roja de Túria (Valencia) para toda a cadea de supermercados.
Os Chic-kles Xenxibre e Limón de Hacendado de Mercadona.