A nova Máscara de Arxila Verde, no lineal de Perfumería de Mercadona

Mercadona vende 3.000 máscaras faciais de arxila verde de Deliplus ao día

09 de septembro de 2020
  • Equilibra o exceso de graxa na pel do rostro e minimiza os puntos negros, deixando unha pel mate e renovada.
  • O Provedor Totaler RNB de La Pobla de Vallbona (Valencia) produce este cosmético xurdido dun proceso de coinnovación co “Xefe” (cliente).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, vende 3.000 unidades diarias de Máscara de Arxila Verde de Deliplus, o novo complemento de aseo persoal destinado á limpeza das peles graxas ou con tendencia á aparición de acne.

A súa combinación de activos, xunto ao zinc-PCA e a arxila verde, equilibran o exceso de graxa na pel do rostro e minimiza a aparencia dos puntos negros, deixando unha pel mate e renovada.

O Provedor Totaler RNB, de La Pobla de Vallbona (Valencia) produce a Máscara de Arxila Verde de Deliplus en formato de 100 ml que xurdiu dun proceso de coinnovación cos “Xefes” (clientes), que colaboraron directamente no desenvolvemento do produto ata conseguir o que lles resultou máis satisfactorio.

A nova Máscara de Arxila Verde, no lineal de Perfumería de MercadonaA nova Máscara de Arxila Verde, no lineal de Perfumería de Mercadona.

Logo EActiVate