- O consumo creceu un 7 % en 2020, ata os 7,8 millóns de unidades, cun incremento de ata un 24 % durante o mes de decembro.
- O produto é ideal para facer sobremesas, pero cada vez cobra máis importancia a demanda por parte de deportistas e persoas que seguen dietas, polo seu baixo contido en graxas.
- O Provedor Totaler Huevos Guillén elabora este produto nas súas instalacións de Utiel (Valencia).
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, vende aproximadamente 25.000 unidades ao día de Clara Líquida de Ovo Pasteurizada. O seu consumo vai en aumento, como demostra o crecemento do 7 % en 2020, ata os 7,8 millóns de unidades, cun incremento de ata un 24 % durante o mes de decembro.
A Clara Líquida de Ovo Pasteurizada de Mercadona é ideal para todo tipo de comidas, desde tortiñas salgadas ata sobremesas ou merengues. Destaca a gran demanda por parte de deportistas e “Xefes” (clientes) que seguen dietas, polo seu baixo contido en graxas. Huevos Guillén é o Provedor Totaler deste produto, que elabora nas súas instalacións de Utiel (Valencia), en formatos de 300 ml (9 claras) e 1L (30 claras).
Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supón un novo paso na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria, baixo o impulso do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).
Clara de Ovo Pasteurizada de 300 ml e un litro, no lineal de Mercadona.