O Hair Mist Perfumador Capilar Deliplus, no lineal de Perfumería de Mercadona

Mercadona vende 2.000 perfumadores capilares Deliplus ao día

26 de agosto de 2020
  • Trátase dun vaporizador para combater o mal olor do cabelo debido ao fume do tabaco, a cociña, os olores da rúa, ambientes cerrados, ou a propia suor.
  • O Provedor Totaler Rofersam produce este Hair Mist que perfuma e hidrata o cabelo no seu centro de Les Franqueses del Vallès (Barcelona).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, vende máis de 2.000 perfumadores capilares “Hair Mist” ao día. Vaporizado sobre o cabelo, e non sobre o coiro cabeludo e a unha distancia de 10/20 cm-, combate o mal olor do pelo debido ao fume do tabaco, a cociña, os olores da rúa, ambientes cerrados, ou a propia suor. Grazas ao seu formato de 50 ml é ideal para levar dentro do bolso e achegar un olor a limpo que dura horas e se pode usar, tanto en húmido como en seco, tantas veces como se queira en todo tipo de cabelo.

Entre os seus compoñentes destaca o D-Panthenol (Provitamina B5), que achega hidratación e nutrición intensa de longa duración á melena; sen ensuciar nin amazocar o cabelo. O envase é medioambientalmente sostible e debe reciclarse retirando a pipeta e a etiqueta antes de depositalo no contedor amarelo. A caixa de cartón que o contén debe introducirse no contedor azul. A empresa Rofersam é o Provedor Totaler deste produto que responde a unha demanda do “Xefe” (cliente) e que se elabora no seu centro de Les Franqueses del Vallès, (Barcelona).

O Hair Mist Perfumador Capilar Deliplus, no lineal de Perfumería de Mercadona O Hair Mist Perfumador Capilar Deliplus, no lineal de Perfumería de Mercadona.

Logo EActiVate