O Día Nacional do Celíaco  celébrase en España o 27 de maio.

Mercadona súmase ao Día Nacional do Celíaco

26 de maio de 2017
  • Mercadona únese á iniciativa do Día Nacional do Celíaco en recoñecemento das necesidades deste colectivo.
  • Actualmente a compañía ofrece unha variedade de 1.040 referencias Sen Glute e o seu obxectivo é continuar a incrementar a cifra. 

O 27 de maio é o Día Nacional do Celíaco e, por este motivo, Mercadona quíxose unir ás diferentes iniciativas que se teñen posto en andamento para dar visibilidade e recoñecemento ás necesidades especiais de alimentación e nutrición destas persoas.  

A celiaquía é un trastorno de base autoinmune e de carácter permanente en individuos xeneticamente predispostos, inducido pola inxesta de glute (proteína que se encontra en cereais como o trigo, a cebada, o centeo, a avea, a espelta, o trigo kamut® e o triticale) e que provoca unha atrofia das vilosidades do intestino delgado, afectando á capacidade de absorber os nutrientes dos alimentos.

Mercadona mantén desde hai anos un importante compromiso co colectivo celíaco. Actualmente, a compañía conta cunha ampla variedade de produtos libres desta proteína, concretamente, 1.040 produtos Sen Glute claramente identificados na súa etiquetaxe. Como co resto da variedade, Mercadona traballa para ofrecer produtos dunha gran calidade, ao menor prezo posible e cun servizo excelente.

Dentro da oferta de produtos Sen Glute de Mercadona é especialmente salientable o esforzo realizado no último ano nas seccións de pasta, forno e pastelería, e conxelados onde se teñen introducido novas referencias Sen Glute.

Ao mesmo tempo, a compañía continúa a traballar na mellora da variedade e da identificación de produtos Sen Lactosa, para que os nosos “Xefes” (clientes) dispoñan da posibilidade de compra en todas as categorías de produtos.

Mercadona tampouco é allea ao resto de alerxias e/ou necesidades especiais de alimentación que teñen outras persoas. Por iso, traballa conxuntamente cos fabricantes dos produtos para, na medida do posible, eliminar os alérxenos. No caso de que non se poida, trabállase para que os alérxenos se identifiquen de xeito claro e sinxelo na etiquetaxe. Adicionalmente, Mercadona ofrécelles aos seus clientes un servizo gratuíto de atención ao cliente en que canalizar as dúbidas e as suxestións, trasladándoas directamente aos fabricantes dos produtos.

Asociacións de Celíacos coas que colabora Mercadona

Mercadona colabora con máis de 17 asociacións de celíacos, quer de  ámbito nacional, quer autonómico e provincial, e participa nas diferentes iniciativas e actividades promovidas por elas e polos organismos de apoio ao colectivo celíaco.

Ao longo do ano, Mercadona colabora na elaboración de contidos formativos, con actividades como teatros, carnavais ou campamentos, promove visitas a fabricantes para coñecer mellor como se fabrica un produto sen glute, participa en feiras, xornadas e outras accións formativas e informativas. E, como non, tamén participa neste Día Nacional do Celíaco.

Como exemplo, durante a fin de semana pasada Mercadona estivo a apoiar a iniciativa da Asociación de Celíacos de Cataluña que celebrou no Fòrum de Barcelona o seu 40 aniversario  e o Día Internacional da Celiaquía, onde se deron cita multitude de persoas e familias. Do mesmo xeito, esta fin de semana Mercadona colaborará nos actos que prepararon as asociacións de celíacos autonómicas, federadas en FACE, como a carreira anual para sensibilizar a sociedade organizada por ACEPA en Asturias, a comida para celebrar este día con ACEGA en Galicia, ou  os actos organizados por  ACECAN (Cantabria), ACERI (A Rioxa), ACNA (Navarra), ACECALE (Castela e León), Aragón (ACA) ou ACIB (I. Baleares), entre outros, así como na carreira solidaria que organiza a Asociación de Celiacos y Sensibles al Gluten de Madrid. 

No seu compromiso cos celíacos, e en recoñecemento destas actividades conxuntas que teñen o obxectivo de mellorar a súa calidade de vida, Mercadona amosa o seu apoio á iniciativa de FACE neste Día do Celíaco, este ano dedicada a reivindicar o diagnóstico precoz da doenza.