Distintas variedades de Patés de Hacendado disponibles en Mercadona

Mercadona renova a receita dos seus patés e incorpora novas variedades

23 de maio de 2022
  • Sen alérxenos nin aditivos, incorporan abre fácil, tapa para cubrilos unha vez abertos e un novo deseño de envases máis visual.
  • Os Provedores Totaler que elaboran estes produtos son Frigoríficas del Louro, S.A - Grupo Coren (Porriño, Pontevedra), Industrias Cárnicas Navarrés, S.A (Lumbier, Navarra) e Gourmet Cazorla (Linares, Jaén).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforza a calidade dos seus Patés e Cremas para untar de Hacendado, renovando a receita e ampliando as variedades. Xa están dispoñibles en toda a cadea os renovados Patés de Atún, Ibérico, Sabor Intenso, Light e Suave, ademais das novas Cremas para untar de Pavo, Polo e York e o paté de sabor Picante.

Libres de glute, de lactosa e sen potenciadores de sabor. Incorporan abre fácil, tapa para cubrilos unha vez abertos e un novo deseño de envases máis visual.

Os Provedores Totaler Frigoríficas del Louro, S.A - Grupo Coren (Porriño, Pontevedra), Industrias Cárnicas Navarrés, S.A (Lumbier, Navarra) e Gourmet Cazorla (Linares, Jaén) elaboran estes Patés e Cremas para untar de Mercadona nas súas distintas variedades.

Máxima calidade ao mellor prezo

Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha máxima calidade ao mellor prezo, sempre nesa orde; e non cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.

E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.

Distintas variedades de Patés de Hacendado dispoñibles en Mercadona

Distintas variedades de Patés de Hacendado dispoñibles en Mercadona.