Contámosche as melloras que fixemos nas nosas Patacas Allioli.

Patacas Allioli, agora máis caseiras!

17 de agosto de 2022

As Patacas Allioli son moi populares, sobre todo nos meses de verán. É unha receita típica da nosa gastronomía, que se serve fría e se consome frecuentemente como aperitivo, acompañada dunha bebida fresca.

Sabemos que para estas patacas prefires un sabor tradicional, verdade? Por iso, enriquecemos a nosa receita cunha serie de melloras substanciais en canto á súa preparación, composición e aparencia. Queres coñecelas?

Que melloras fixemos para alcanzar a máxima calidade nas nosas Patacas Allioli?

Patatas Allioli de Mercadona

  • Mellora da súa textura e sabor, que resultan máis caseiras.
  • Mellor tratamento da pataca: cociñada no seu punto óptimo de cocción e co tamaño adecuado.
  • Nova salsa: de cor branca, propia deste tipo de salsa, con perexil. Fabricada por un provedor especialista en salsa Allioli.
  • Reducimos aditivos e trazas, o que contribúe a un resultado máis caseiro.

Nueva receta de Patatas Allioli de Mercadona

Que che parecen estas melloras? Coma sempre, contamos cos mellores aliados para ofrecerche o mellor servizo. Neste caso, o provedor é o mesmo que nos fabrica a nosa Ensalada Rusa e coida ata o último detalle. Recentemente, adaptou as súas instalacións para poder dar servizo ás nosas tendas.

Outras recomendacións

Aprende a preparar 4 receitas de ensaladas frescas e lixeiras para os teus menús estivais.

Se planeas unha excursión, aquí tes unhas cantas suxestións de aperitivos e comidas para gozar ao aire libre.

E para ter un capricho refrescante a calquera hora, os nosos Mini xeados son ideais para consumir cando e onde máis che apeteza.