- A compañía aposta por un sabor e unha textura máis caseira, con menos aditivos, e incorpora unha nova salsa de alioli e perexil.
- O Provedor Totaler Nueva Cocina Mediterránea elabora este produto nas súas instalación situadas en Alcantarilla (Murcia).
Mercadona, compañía de supermercados físicos de venda en liña, renova a receita das súas patacas con alioli da marca Hacendado. A compañía aposta por un sabor e unha textura máis caseira, con menos aditivos e con unha nova salsa de alioli e perexil no seu interior.
Este cambio, dispoñible para o “Xefe” (cliente) nas máis de 1.600 tendas que a compañía ten en España desde finais de xullo, está elaborado polo Provedor Totaler Nueva Cocina Mediterránea nas súas instalación situadas en Alcantarilla (Murcia), quen xerou 18 novos postos de traballo, estables e de calidade, tras incrementar a capacidade produtiva pola mellora.
Máxima calidade ao mellor prezo
Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha máxima calidade ao mellor prezo, sempre nesa orde; e non cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecendo ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.
E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.
Patacas con alioli de Mercadona.