As novas Ensaladas Rusa, Americana e de Cangrexo, e as Patacas con Alioli de Mercadona

Mercadona renova a receita das súas Ensaladas, e as Patacas con Alioli

20 de septembro de 2021
  • Os cambios dan un sabor máis caseiro a estes pratos que, no caso da Ensalada Rusa, tamén se ofrece en formato de 500 gramos ademais do habitual de 250 gramos.
  • Os Provedores Totaler Productos Naturales de la Vega de Lodosa (Navarra) e Nueva Cocina Mediterránea de Alcantarilla (Murcia) elaboran estes produtos.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, renovou a receita das Ensaladas Rusa, Americana e de Cangrexo, e as Patacas con Alioli de Hacendado, para darlle un sabor aínda máis caseiro.

A Ensalada Rusa de Mercadona, que agora ten tamén un novo formato de 500 gramos ademais do habitual de 250 gramos, é elaborada polo Provedor Totaler Nueva Cocina Mediterránea nas súas instalacións de Alcantarilla (Murcia), mentres que as demais variedades son preparadas por Productos Naturales de la Vega nas súas instalacións de Lodosa (Navarra).

Calidade Total ao mellor prezo

Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha Calidade Total ao mellor prezo, sempre nesa orde; e non cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.

E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.

As novas Ensaladas Rusa, Americana e de Cangrexo, e as Patacas con Alioli de MercadonaAs novas Ensaladas Rusa, Americana e de Cangrexo, e as Patacas con Alioli de Mercadona.