Torta de Queixo da marca Hacendado de Mercadona

Mercadona renova a receita da súa Torta de Queixo para facela máis cremosa

14 de xuño de 2021
  • A compañía reforza tanto a textura como o sabor a queixo deste produto, que se presenta nun práctico e cómodo envase que se pode utilizar como prato para servir e que, ademais, tamén se mellorou para prolongar a conservación deste doce.
  • O Provedor Totaler Postres Lácteos Romar elabora este doce nas súas instalacións de Catadau (Valencia).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, transformou a receita da súa Torta de Queixo da marca Hacendado para facela máis cremosa. Reforzouse tanto a textura como o sabor a queixo deste produto, que se presenta nun práctico e cómodo envase que se pode utilizar como prato para servir e que, ademais, tamén se mellorou para prolongar a conservación deste produto.

Esta sobremesa, dispoñible nas máis de 1.600 tendas que a compañía ten en España e Portugal, é elaborada polo Provedor Totaler Postres Lácteos Romar nas súas instalacións situadas en Catadau (Valencia).

Calidade contundente a prezos imbatibles

En 1993, Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos), tras observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha calidade contundente a un prezo imbatible, sempre por esa orde, e non cambiaban constantemente de prezo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.

E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.

Torta de Queixo da marca Hacendado de MercadonaTorta de Queixo da marca Hacendado de Mercadona.