- Ademais, potencia o sabor da vainilla, fonte de vitaminas B12, B2 e D.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, tras escoitar aos seus clientes, renova a receita da súa bebida de soia sabor vainilla de Hacendado e elimina azucres engadidos para unha cesta equilibrada, ao mesmo tempo que se potencia o sabor da vainilla, fonte de vitaminas B12, B2 e D.
A bebida de soia sabor vainilla de Mercadona consómese tanto soa como mesturada con café ou cacao, e, mellorada dende mediados do pasado ano, está dispoñible baixo a marca Hacendado nas máis de 1.600 tendas que a compañía ten situadas en España e Portugal.
Máxima calidade ao mellor prezo
Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha máxima calidade ao mellor prezo, sempre nesa orde; e non cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.
E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.
Bebida de soia sabor vainilla Hacendado 0 % azucre dispoñible en Mercadona.