Nova fórmula dos ambientadores de Mercadona

Mercadona renova a fórmula dos seus ambientadores con variñas e incorpora unha nova fragrancia

08 de septembro de 2021
  • A compañía prolonga a duración do aroma e redeseña o seu envase, reducindo desta maneira un 65 % de plástico.
  • A fragrancia Froita Tropical, dispoñible xa en toda a cadea, súmase á de Framboesa, Bambú e Jasmine (xasmín).
  • O Provedor Totaler Francisco Aragón elabora estes produtos nas súas instalacións de Molina de Segura (Región de Murcia).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, renovou a fórmula de todos os seus ambientadores con variñas, grazas á colaboración dos seus clientes, cos que mantivo máis de 80 sesións de coinnovación para coñecer os seus gustos e modos de uso. Entre as melloras, destaca que se prolonga a duración do perfume e un completo redeseño do envase con amplas novidades, como a redución dun 65 % de plástico, que supón unha mellora medioambiental e tamén de uso, xa que agora o cliente pode ver canto perfume lle queda, ou ben, que agora as variñas son máis fáciles de separar.

A compañía ofrece catro tipos de fragrancias distintas: Framboesa, Bambú, Jasmine e, como última novidade xa dispoñible en toda a cadea, Froita Tropical. Todas elas son elaborados polo Provedor Totaler Francisco Aragón en Molina de Segura (Región de Murcia).

Calidade Total ao mellor prezo

Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha Calidade Total ao mellor prezo, sempre nesa orde; e non cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.

E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.

Fragrancia Froita Tropical, Framboesa, Bambú e Jasmine, dispoñible no lineal de MercadonaAmbientadores con variñas en Mercadona.

Mercadona redeseña os envase dos seus ambientadores con variñas Ambientador Froita Tropical no lineal de Mercadona.