O Salmón Afumado de Hacendado, no lineal de Mercadona

Mercadona reforza a calidade do Salmón Afumado

26 de novembro de 2021
  • Unificar o grosor do lisco mellorando a textura e o sabor son algúns dos cambios que se aplicaron segundo as preferencias dos “Xefes” (clientes) para este produto que agora é da marca Hacendado.
  • O Provedor Totaler Ubago Group Mare abastece deste produto a Mercadona con salmón do Mar do Norte dende as súas instalacións en Málaga e Cádiz (Andalucía).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforzou a calidade do Salmón Afumado Hacendado, do que se chega a vender máis de 100.000 paquetes ao día. Agora cun grosor de lisco máis uniforme que mellora a súa textura e sabor, segundo as preferencias dos “Xefes” (clientes) para este produto que agora é da marca Hacendado.

O salmón é unha excelente fonte de proteína de alta calidade, vitaminas e minerais. É rico en ácidos Omega 3 que axudan a mellorar a memoria, e combinados coas vitaminas A e D, coidan o noso sistema nervioso e frean os síntomas do envellecemento.

O Provedor Totaler Ubago Group Mare abastece deste produto a Mercadona con salmón do Mar do Norte que procede de portos de Noruega, Dinamarca ou Escocia (Reino Unido) dende as súas instalacións en Málaga e Cádiz (Andalucía).

Calidade Total ao mellor prezo

Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha Calidade Total ao mellor prezo, sempre nesa orde; e non cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecendo ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.

E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.

O Salmón Afumado de Hacendado, no lineal de MercadonaO Salmón Afumado de Hacendado, no lineal de Mercadona.