Queixiños de Mercadona

Mercadona reforza a calidade dos seus Queixiños en porcións

02 de novembro de 2021
  • A compañía mellorou a receita destas referencias achegándolles máis cremosidade e sabor, e reducindo os conservantes.
  • Os Provedores Totaler Grupo Fromageries Bel e Quesería Menorquina son os encargados de elaborar estes produtos.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforzou a calidade dos Queixiños en porcións da marca Hacendado grazas á mellora na receita que os fai máis cremosos e saborosos, á vez que diminuíu a cantidade de conservantes.

Os “Xefes”, como a compañía denomina internamente os clientes, poden encontrar no mural de frío da Chacinería as tres referencias dispoñibles: os Queixiños Normais, que se venden en formato de 24 unidades; os Queixiños Light, cun 37 % menos de graxa; e os Queixiños Sen Lactosa, que se incorporan á oferta para darlles solución a aquelas persoas intolerantes á lactosa.

O Provedor Totaler Grupo Fromageries Bel, é o encargado de elaborar os Queixiños Light e Sen Lactosa, mentres que os Queixiños Normais son fabricados polo Provedor Totaler Quesería Menorquina, mostra do compromiso adquirido por Mercadona de traballar conxuntamente con provedores especialistas en cada produto.

Calidade Total ao mellor prezo

Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha Calidade Total ao mellor prezo, sempre nesa orde; e non cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.

E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.

Queixiños en Porcións de MercadonaQueixiños en Porcións de Mercadona.