Distintas variedades de Tortiñas de Arroz e Millo de Mercadona

Mercadona reforza a calidade das Tortiñas de Arroz e Millo con Chocolate

24 de xaneiro de 2022
  • O novo baño homoxéneo nas tortiñas de chocolates enriquece o sabor de cada bocado neste produto que suma máis de 125.000 unidades vendidas ao día entre todas as súas variedades.
  • O Provedor Totaler Cerealto Siro elabora este produto nas súas instalacións de Venta de Baños (Palencia).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, ofrece aos “Xefes” (clientes) as súas Tortiñas de Arroz e de Millo de Hacendado e reforzou a calidade das de Arroz nas súas variedades de Chocolate Negro, Chocolate con leite e Chocolate branco e iogur, ademais de nas de Millo con Chocolate Negro de Hacendado, cun novo baño homoxéneo que enriquece o sabor de cada bocado.

Este produto, do que se venden máis 125.000 unidades ao día entre todas as súas variedades e resulta perfecto para picar entre horas ou como refrixerio cun formato cómodo para levar, é elaborado polo Provedor Totaler Cerealto Siro nas súas instalacións de Venta de Baños (Palencia).

Máxima calidade ao mellor prezo

Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha máxima calidade ao mellor prezo, sempre nesa orde;  e non cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.

E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.

Distintas variedades de Tortiñas de Arroz e Millo de MercadonaDistintas variedades de Tortiñas de Arroz e Millo de Mercadona.