As cápsulas monodose de distintas variedades, no lineal de Mercadona

Mercadona reforza a calidade das cápsulas para máquina de café

15 de outubro de 2021
  • As variedades renovadas foron Classic, Descafeinado, Forte, Extraforte e Latte, dispoñibles en toda a cadea; e Galão, en Portugal.
  • A empresa Cocatech é o Provedor Totaler que elabora este produto nas súas instalacións de Nájera (La Rioja).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforza a calidade das cápsulas monodose de Hacendado para darlle ao café máis corpo, sabor e aroma, ademais de máis crema, como o prefiren os “Xefes” (clientes).

As variedades renovadas foron Classic, Descafeinado, Forte, Extraforte e Latte, dispoñibles en toda a cadea; e Galão, en Portugal. A empresa Cocatech é o Provedor Totaler deste producto, dende o seu centro en Nájera (La Rioja), que as ofrece en caixas de 16 unidades.

Calidade Total ao mellor prezo

Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha Calidade Total ao mellor prezo, sempre nesa orde; e non cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.

E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.

As cápsulas monodose de distintas variedades, no lineal de MercadonaAs cápsulas monodose de distintas variedades, no lineal de Mercadona.