Fussion e Cremoso, novas tabletas de chocolate de Mercadona

Mercadona reforza o lineal de tabletas de chocolate con novidades e cambios nas súas receitas

06 de outubro de 2021
  • O Classic, tras as múltiples sesións de coinnovación realizadas cos clientes, aumenta a súa cremosidade e intensidade no sabor.
  • Entre as novidades, destaca o Cremoso, chocolate con leite e textura moi suave, e o Fussion, inspirado nos bombóns Delizze de Mercadona polo seu recheo de chocolate, barquillo e anaquiños de abelá.
  • Os Provedores Totaler implicados nestes movementos son Sanchis Mira en Jijona (Alacant) e La Chocolatería Frey nas súas instalacións situadas en Suíza.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforza o seu lineal de tabletas de chocolate Hacendado para satisfacer os seus “Xefes” (clientes) máis doces. Entre as novidades, destaca o Fussion de Hacendado, chocolate inspirado nos bombóns Delizze de Mercadona polo seu recheo de cacao, barquillo e anaquiños de abelá. Este produto, dispoñible en toda a cadea desde mediados de ano, é elaborado polo Provedor Totaler Sanchis Mira nas súas instalacións situadas en Jijona (Alacant).

Por outro lado, destaca tamén o Provedor Totaler La Chocolatería Frey por elaborar nas súas instalacións de Suíza tanto o Cremoso de Hacendado, novo chocolate con leite e textura moi suave, como o renovado Classic de Hacendado, onde grazas ás múltiples sesións de coinnovación que Mercadona mantivo cos seus clientes, aumenta a súa cremosidade e intensidade no sabor.

Calidade Total ao mellor prezo

Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha Calidade Total ao mellor prezo, sempre nesa orde; e non cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.

E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.

Tableta de chocolate Classic Hacendado no lineal de MercadonaClassic, tableta de chocolate con nova receita de Mercadona.

Tableta de chocolate Fussion e Cremoso Hacendado de MercadonaFussion e Cremoso, novas tabletas de chocolate de Mercadona.