- Rooibos & Manga entra como novidade nos lineais e as de Froitos Vermellos e de Piña Colada contan cunha nova combinación de ingredientes.
- Pódense tomar somerxendo a bolsiña nun vaso de auga durante oito ou dez minutos, engadindo pedras de xeo se se desexa.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforza a calidade e incorpora novos sabores á súa oferta de infusións frías de Hacendado. Trátase das novas propostas de Rooibos & Manga, ademais da renovada combinación de ingredientes da de Froitos Vermellos e de Piña Colada, coas que se rexistran unhas vendas de 3.000 paquetes de 20 bolsiñas ao día de cada unha.
Inspirada no sabor da piña colada, esta infusión é unha aromática combinación de mazá, té verde, rooibos, folla de estevia, piña e coco, máis intenso e doce grazas á estevia. No caso dos Froitos Vermellos combínase con mestría hibisco, aronía, mazá, grosella negra, cirola, framboesa e amorodo. A infusión fría Rooibos & Manga une estes ingredientes coa mazá e a folla de estevia.
Estas infusións frías de Hacendado pódense tomar somerxendo a bolsiña nun vaso de auga fría durante oito ou dez minutos, engadindo pedras de xeo se se desexa. Tamén poden facerse quentes, deixando repousar a bolsiña en auga fervendo de cinco a oito minutos.
Calidade contundente a prezos imbatibles
En 1993, Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos), tras observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha calidade contundente a un prezo imbatible, sempre por esa orde, e non cambiaban constantemente de prezo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.
E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.
As Infusións Frías de Froitos Vermellos, Rooibos & Manga e Piña Colada de Hacendado.