Miniturróns Hacendado de Mercadona

Mercadona reforza a calidade dos seus Miniturróns e vende máis de 3.200 unidades ao día

09 de decembro de 2020
  • O tradicional doce de Nadal pódese gozar xa en porcións nas variedades de turrón brando, duro, chocolate crocante e xema tostada.
  • O Provedor Totaler Sanchis Mira elabora estes doces de Nadal en pequeno formato dende as súas instalacións de Jijona (Alacant).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforza a calidade dos seus Miniturróns Hacendado e vende ao día máis de 3.200 bolsas nas vésperas do Nadal.

Esta mellora na calidade dos miniturróns en porcións de Mercadona, formato que facilita compartir e probar distintos sabores deste tradicional doce de Nadal, é o resultado dun proceso de innovación desenvolvido cos “Xefes” (clientes) de Mercadona que permitiu aumentar a calidade deste tipo de turróns.

A empresa Sanchis Mira é o Provedor Totaler dos Miniturróns Hacendado, que produce no centro da compañía na turroneira cidade de Jijona (Alacant), en bolsas de 272 gramos con porcións de catro variedades: brando, duro, chocolate crocante e xema tostada, para todas as tendas que a compañía ten en España.

Imaxe de cabeceira: Selección Miniturróns Hacendado.

Logo EActiVate