- As novas receitas da Empanada de Atún e a de Verduras únense á de Polo e Cogomelos e á nova Boloñesa.
- Os Provedores Totaler galegos Ingapan e Delicias Coruña elaboran estes produtos nas súas instalacións de Lugo e A Coruña, respectivamente.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforza a calidade das Empanadas de Hacendado cunha masa máis crocante e bordos máis finos e unha nova receita na empanada de Atún e na de Verduras, facéndoas máis saborosas e zumarentas. Ademais, amplíase a oferta cunha nova variedade: a Empanada Boloñesa, que completa a oferta coa de Polo e Cogomelos.
As Empanadas de Mercadona son agora rectangulares, para facilitar facer porcións máis iguais, as bandexas pasaron a ser de cartón en lugar de aluminio e a súa bolsa é transpirable. O Provedor Totaler Ingapan (Lugo, Galicia) elabora a de Polo e Cogomelos e a Boloñesa, mentres que Delicias Coruña (A Coruña, Galicia), produce a de Atún e a de Verduras.
Máxima calidade ao mellor prezo
Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha máxima calidade ao mellor prezo, sempre nesa orde; e non cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.
E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.
As distintas variedades de empanadas de Mercadona.
Imaxe de cabeceira: Nova receita da Empanada de Atún de Mercadona.