Bote de Albóndegas de Polo no lineal de Mercadona

Mercadona reforza a calidade das súas Albóndegas en Salsa e de Polo

04 de maio de 2022
  • A nova receita fainas máis lixeiras, adaptadas ao gusto dos “Xefes” (clientes), ata situar as súas vendas en 11.000 latas ao día de Albóndegas en Salsa e máis de 8.000 das de Polo.
  • O Provedor Totaler Industrias Frigoríficas del Louro elabora estes produtos nas súas instalacións do Porriño (Pontevedra).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforza a calidade das súas Albóndegas de Polo e das súas Albóndegas en Salsa Hacendado, cunha nova receita máis lixeira, adaptada ao gusto dos “Xefes” (clientes).

As Albóndegas en Salsa de Mercadona, das que se venden máis de 11.000 latas ao día e que se elaboran con tomate natural, e as Albóndegas de Polo de Mercadona, das que se venden máis de 8.000 ao día e sorprenden polo seu intenso sabor, son realizadas polo Provedor Totaler Industrias Frigoríficas del Louro nas súas instalacións do Porriño (Pontevedra).

Máxima calidade ao mellor prezo

Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha máxima calidade ao mellor prezo, sempre nesa orde; e non cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.

E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.

Bote de Albóndegas en Salsa no lineal de MercadonaBote de Albóndegas en Salsa no lineal de Mercadona.

Bote de Albóndegas de Polo no lineal de MercadonaBote de Albóndegas de Polo no lineal de Mercadona.