Descubre as Melloras de Calidade das nosas Bolsas zip de conxelación, agora totalmente herméticas.

Bolsas zip de conxelación: Herméticas e resistentes

30 de septembro de 2022

Hai poucos produtos máis prácticos que as Bolsas zip de conxelación. Co seu característico peche zip, achegan a protección que precisan os teus alimentos e permiten consérvalos de forma segura e en perfectas condicións.

Recentemente, incorporamos Melloras de Calidade a este produto, para que sexa máis útil e conserve mellor as propiedades dos alimentos. Contámoscho todo a continuación.

Características xerais das nosas Bolsas de conxelación

  • Son perfectas para conxelar unha gran variedade de alimentos (verduras, carnes, peixes, froitas, líquidos -como caldos, cremas, etc.-, pratos cociñados…). Tamén para levar ao traballo ou ao colexio bocadillos e sándwichs.
  • Axúdanche a protexer os alimentos de queimaduras por conxelación.
  • Manteñen os alimentos frescos durante máis tempo.
  • Levan incorporada unha práctica banda na que podes anotar o tipo de comida e a data na que a gardaches no conxelador.

Bolsas zip de congelación: Herméticas y resistentes.

  • Dispoñibles en diferentes tamaños, o cal dá maiores posibilidades de uso.
  • Son bolsas reutilizables e reciclables.

Son perfectas para conservar e conxelar gran variedade de alimentos, pero tamén poden empregarse para gardar e protexer outros obxectos como:

  • Pezas pequenas de xoguete.
  • O Móbil, na praia ou na piscina, para evitar que lle entre area ou humidade.
  • Levar os líquidos na equipaxe de man cando viaxamos en avión, etc.

En que consistiron as Melloras de Calidade das bolsas zip de conxelación?

  • Agora son bolsas completamente herméticas e resistentes. Grazas a un método adicional con son “clic”, podes asegurarte de que a bolsa está sempre ben selada, non perda nada de líquido e conserva o sabor e a frescura dos alimentos durante máis tempo.

Bolsas zip de congelación: Herméticas y resistentes.

  • Antes custaba máis encaixar o peche zip. Agora a bolsa queda sempre ben selada, polo que resultan moi cómodas de utilizar.
  • Grazas a unha apertura máis ampla, permite introducir mellor os alimentos na bolsa.

Consellos de uso

  • Para abrir a bolsa, mantena en posición vertical. Separa as solapas superiores con ambas mans e abre a bolsa gradualmente.
  • Para pechar, preme firmemente os peches xuntos, desde unha esquina deslizando os dedos ao longo de ambos peches. O “clic” indícache que a bolsa está ben selada.
  • Cando empregues a bolsa no conxelador, deixa arrefriar os alimentos, non a enchas en exceso e expulsa todo o aire antes de pechala para evitar que se abra cando a desconxeles posteriormente.
  • Poden empregarse en microondas para desconxelar alimentos.

Precaucións

  • Para evitar o risco de asfixia, manteña as bolsas lonxe dos bebés e nenos menores de 3 anos. Non as empregue en berces, camas ou carriños de bebé.
  • Non aplique demasiada presión á bolsa durante a apertura, xa que isto pode provocar que a bolsa rompa ou derrame o contido.
  • Poden empregarse no microondas, pero unicamente para desconxelar alimentos, non para cociñalos. Asegúrese de que o peche estea parcialmente aberto e consulte o manual do microondas para obter instrucións de uso.
  • Non son aptas para fornos convencionais.

Trucos de uso coas nosas Bolsas zip de conxelación

Truco 1: para optimizar espazo no conxelador

Escribe o nome da receita na banda da bolsa, énchea e péchaa hermeticamente. Garda as bolsas no conxelador en posición horizontal. Despois, unha vez conxelados os alimentos, acomoda as bolsas en vertical. Así, poderás dispor de máis espazo para unha mellor organización do teu conxelador e, de paso, poderás ver mellor o contido de cada bolsa, sen taparse unhas con outras.

Outras recomendacións

Lembra que, se cociñas e che sobra comida, podes conxelar os teus pratos favoritos. Por exemplo, unha ensalada de pasta como esta ou unha crema de cabaza e lentellas.

Sabías que o Vinagre de limpeza é un potente limpador multiusos? Emprégase para unha gran diversidade de superficies e é un produto 100% de orixe natural moi efectivo.