- As novas bolsas son completamente herméticas, aínda máis resistentes e fáciles de cerrar, ademais de ter un formato máis cómodo e práctico.
- Os cambios responden ás necesidades dos “Xefes” para este produto que permite conservar e conxelar alimentos ou almacenar e protexer todo tipo de obxectos.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforza a calidade das Bolsas Zip de Conxelación de Bosque Verde de 1 e 5 litros para conservar e conxelar gran variedade de alimentos ou almacenar e protexer todo tipo de obxectos.
Respondendo ás necesidades dos “Xefes” (clientes), as bolsas de conxelación de Mercadona son completamente herméticas, aínda máis resistentes e fáciles de cerrar co seu sistema de bandas encaixables, ademais de ter un formato máis cómodo e práctico. Dende un punto de vista medioambiental son reciclables e reutilizables.
Máxima calidade ao mellor prezo
Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha máxima calidade ao mellor prezo, sempre nesa orde; e non cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.
E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.
As novas Bolsas Zip de Conxelación de Bosque Verde.