Bebida de Avea dispoñible en Mercadona

Mercadona reforza a calidade da súa bebida de avea e intensifica o seu sabor

09 de xuño de 2022
  • Ao seu tradicional formato de 1 litro, súmase dende principios de ano un novo formato mini de 250 ml.
  • O Provedor Totaler Liquats Vegetals elabora este produto nas súas instalacións situadas en Viladrau (Girona).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforza o sabor da súa bebida de avea para facelo máis intenso, e con mellor textura cando se combina co café. Así mesmo, dende principios de ano, o cliente pode encontrar, ademais do seu tradicional formato de 1 litro, un novo formato mini de 250 ml. Esta novidade é froito da escoita ao “Xefe” (cliente), quen solicitaba á compañía, tanto a través das súas canles oficiais como na tenda, unha opción para poder levala a calquera sitio e que servise como bebida para os máis pequenos.

A bebida de avea dispoñible en Mercadona, caracterizada pola súa composición de só avea e auga, é utilizada tanto con cereais, como con múltiples receitas como o porridge, ou ben, para gozar soa ou con té ou café. O provedor totaler responsable de elaborar este produto, dispoñible nas máis de 1.600 tendas que a compañía ten en España, é Liquats Vegetales en Viladrau (Girona).

Máxima calidade ao mellor prezo

Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha máxima calidade ao mellor prezo, sempre nesa orde; e non cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.

E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.

Bebida de Avea dispoñible en MercadonaBebida de Avea dispoñible en Mercadona.