- Dispoñibles en toda a cadea, a compañía ofrece tres protectores en spray, un protector solar infantil e dous para adultos con distintos factores de protección (alto e moi alto).
- Dentro do seu compromiso pola sostibilidade medioambiental, a compañía eliminou os microplásticos.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, cambia a fórmula dos seus protectores solares en spray para facelos máis respectuosos co medio ambiente. En concreto, elimináronse os microplásticos e substituíuse o filtro solar octocrileno. Desta maneira, sen tocar a calidade do produto, contribuímos ao coidado do medio ambiente.
Trátase de protectores solares dispoñibles en tres opcións diferentes segundo o público ao que vai dirixido: nenos (FPS 50+) ou adultos e, para estes últimos, con dúas proteccións distintas (FPS 50+ ou 30). Os clientes poderán encontrar estes solares durante o período da súa campaña que vai de marzo a outubro.
Máxima calidade ao mellor prezo
Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha máxima calidade ao mellor prezo, sempre nesa orde; e non cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.
E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.
Protectores solares en spray con nova fórmula para preservar a fauna mariña.