Deterxente Colonia Hipoalerxénico Bosque Verde dispoñible en Mercadona

Mercadona reformula o seu deterxente Colonia para facelo hipoalerxénico mantendo o seu perfume

17 de xaneiro de 2023
  • Así mesmo, refórzase a súa eficacia para facer fronte ás manchas e ter un aroma máis duradeiro, fresco e intenso.
  • O Provedor Totaler responsable de elaborar este produto é Inquiba nas súas instalacións situadas en Guareña (Badajoz).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, tras escoitar aos seus clientes, reformula o seu tradicional deterxente Colonia de Bosque Verde para adaptalo a un hipoalerxénico con perfume, apto para todo tipo de peles, incluídas atópicas, sensibles ou con alerxias. Así mesmo, reforza a súa eficacia de lavado para facer fronte ás manchas, potenciar a súa brancura e ter un aroma aínda máis duradeiro, fresco e intenso.

Inquiba é o Provedor Totaler responsable de elaborar este deterxente, apto para roupa branca e de cor, nas súas instalacións situadas en Guareña (Badajoz). O produto, mellorado dende o pasado mes de setembro, está dispoñible baixo a marca Bosque Verde nas máis de 1.600 tendas que a compañía ten situadas en España e Portugal.

Máxima calidade ao mellor prezo

Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha máxima calidade ao mellor prezo, sempre nesa orde; e non cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.

E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.

Deterxente Hipoalerxénico dispoñible en MercadonaDeterxente Colonia Hipoalerxénico Bosque Verde dispoñible en Mercadona.