- A nova fórmula facilita a disolución de graxas sen danar as superficies que se limpan.
- O Provedor Totaler SPB elabora este produto nas súas instalacións de Cheste (Valencia).
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforza a calidade do seu Quitagraxas de Bosque Verde, sen escuma e con perfume de limón, cunha nova fórmula. Esta nova composición facilita a disolución de graxas sen danar as superficies que se limpan, ben sexan as da cociña, o mobiliario de exterior como mesas e cadeiras, ou incluso as lamias das bicicletas.
O produto, elaborado polo Provedor Totaler SPB nas súas instalacións de Cheste (Valencia), distribúese nas máis de 1.600 tendas que a compañía ten situadas en España e Portugal.
Máxima calidade ao mellor prezo
Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha máxima calidade ao mellor prezo, sempre nesa orde; e non cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.
E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.
Quitagraxas sen escuma e con perfume de limón no lineal de Mercadona.