Batido Sabor Chocolate e Batido Chocolate 90% Leite Hacendado

Mercadona reduce un 30% o azucre nos seus batidos e vende máis de 80.000 unidades ao día

24 de xullo de 2020
  • Trátase dos Batidos Hacendado sabor Amorodo, Vainilla, Chocolate e Chocolate 90% Leite.
  • Os produtos son fabricados polos Provedores Totaler COVAP en Pozoblanco (Córdoba), Lactiber en León e Iparlat en Urnieta (Gipuzkoa).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reduce un 30% o azucre nos seus batidos e vende máis de 80.000 unidades ao día. Trátase dos Batidos Hacendado sabor Amorodo, Vainilla, Chocolate e Chocolate 90% Leite de Hacendado.

Os batidos de Mercadona, que estarán dispoñibles en toda a cadea a finais de xullo, son fabricados polos Provedores Totaler COVAP en Pozoblanco (Córdoba), Lactiber en León e Iparlat en Urnieta (Gipuzkoa).

Estes produtos, desenvolvidos tras captar esta necesidade nos centros de coinnovación de Mercadona, espazos onde a compañía realiza sesións cos “Xefes” (clientes) para innovar conxuntamente, véndense en bricks de 200 ml e acompañados dunha palliña para facilitar o seu consumo.

Batido Sabor Chocolate e Batido Chocolate 90% Leite HacendadoBatido Sabor Chocolate e Batido Chocolate 90% Leite Hacendado.

Batido Sabor Vainilla e Sabor Amorodo HacendadoBatido Sabor Vainilla e Sabor Amorodo Hacendado.

Logo EActiVate