- Este produto, retirado tras a campaña de verán de 2018 para mellorar a súa calidade e posto á venda durante o verán de 2019 nalgunhas tendas da compañía para probar as súas melloras, volve agora a petición do cliente.
- Trátase dun doce de orixe xaponesa elaborado polo Provedor Totaler Helados Estiu nas súas instalación de Riba-roja de Túria (Valencia).
- A compañía lanza a campaña de verán de xeados de 2020, aproximadamente dúas semanas máis tarde que de costume polos cambios de hábitos do consumidor.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda online, recupera os Mochis Xeados de Hacendado e vende 9.600 unidades ao día. Os Mochis Xeados de Mercadona, que foron retirados tras a campaña de verán de 2018 para mellorar a súa calidade e postos á venda nalgunhas tendas da compañía durante o verán de 2019 para probar estas melloras, volven agora a todas as tendas de España a petición dos “xefes” (clientes), que demandaban este produto a través das redes sociais ou do teléfono gratuito de atención ao cliente da compañía.
Os Mochis Xeados de Mercadona véndense nun paquete de 6 unidades e son fabricados polo Provedor Totaler Helados Estiu baixo a marca Hacendado nas súas instalacións de Riba-roja de Túria (Valencia). Trátase dun doce de orixe xaponesa elaborado con masa branda de arroz e recheo de xeado e dispoñible en dúas variedades distintas: coco e mango.
Así mesmo, Mercadona lanza a campaña de verán de xeados de 2020, aproximadamente dúas semanas máis tarde que de costume polos cambios de hábitos do consumidor. Non obstante, a compañía indica que, en comparación con outros anos, cando xa estaba a campaña de verán de xeados correspondente activada, a venda de xeados mantívose similar a outros anos con case 300.000 unidades vendidas ao día, xa que o cliente optou por “darse un capricho” durante estes días.
Liñal de xeados de Mercadona.
Mochi Xeado de mango e de coco de Mercadona.