O Xel de Baño de Vainilla Deliplus, no lineal de Mercadona

Mercadona recupera o Xel de Baño de Vainilla Deliplus por petición dos “Xefes”

10 de xaneiro de 2022
  • O produto suma máis de 11.000 unidades vendidas ao día dende a súa volta aos lineais en toda a cadea de supermercados.
  • Laboratorios Maverick de Ulldecona (Tarragona) é o Provedor Totaler que elabora esta variedade perfumada para a hixiene corporal.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, recuperou nos seus lineais o Xel de Baño de Vainilla Deliplus, tras as peticións feitas polos “Xefes” (clientes) nas tendas, a través do teléfono e por redes sociais.

Apto para todo tipo de peles, xa vende máis de 11.000 unidades diarias en toda a cadea do Xel de Baño de Vainilla de Mercadona que achega nutrición e vitamina E co agradable perfume desta planta aromática.

O Provedor Totaler Laboratorios Maverick elabora esta variedade para a hixiene corporal nas súas instalacións de Ulldecona (Tarragona).

O Xel de Baño de Vainilla Deliplus, no lineal de MercadonaO Xel de Baño de Vainilla Deliplus, no lineal de Mercadona.