- A finais de 2018 a compañía comezou a traballar na oferta das tortas, co obxectivo de mellorar a súa calidade, presentación e incorporar novidades
- Amplía o número de Provedores Totaler responsables de elaborar as tortas, pasando de 2 a 5 fabricantes.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforza a oferta das tortas. A compañía, que comezou a finais de 2018 a traballar no desenvolvemento dunha nova oferta de tortas de Mercadona, realizou ata o momento máis de 100 sesións de coinnovación co “Xefe” (cliente), e implanta dende hoxe en toda a cadea estas melloras e novidades.
Entre os principais cambios na calidade, destaca o Tiramisú, que pasa de ser unha torta con este sabor, a unha sobremesa idéntica a como a consomen en Italia; a Torta San Marcos, onde se torra a xema e se mellora o biscoito para facelo máis zumarento, ao igual que acontece coa Torta Selva Negra, onde ademais se incrementa a porcentaxe de cacao na trufa, para aumentar o sabor a chocolate.
En canto ás novidades, destaca a torta Tres Chocolates Sen Glute, elaborada coa mesma receita caseira que o cliente prepara na casa, Carrot Cake e a Red Velvet. Así mesmo, a petición dos clientes, amplíase o tamaño da Torta da Avoa para aumentar o número de racións.
Ademais, crece tamén o número de Provedores Totaler implicados na elaboración destes produtos, pasando de 2 a 5 fabricantes, como Granderroble no Principado de Asturias e La Rioja, Horno DeCadaDía en Aragón, Pastisfred e Pastry Factory en Catalunya, e Forno d’Asolo en Italia.
Tortas dispoñibles no supermercado de Mercadona.
Tortas dispoñibles no supermercado de Mercadona.