Lineal de solares e aftersun dun supermercado de Mercadona

Mercadona quintuplica as vendas dos solares polos cambios de hábitos do consumidor

30 de maio de 2020
  • A compañía detecta un maior uso dos solares durante a desescalada para protexerse do sol durante os paseos, a práctica de deporte ao aire libre ou tomar o sol na casa.
  • Entre os fabricantes, figura o Provedor Totaler RNB con sede en La Pobla de Vallbona (Valencia).
  • A compañía conta con máis de 20 referencias distintas dispoñibles en todas as súas tendas de España.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, quintuplica as vendas dos solares polos cambios de hábitos do consumidor que, unido ao bo tempo, utilizan durante a desescalada para protexerse do sol durante paseos, a práctica de deporte ao aire libre ou tomar o sol na casa.

A compañía ofrece nas súas tendas de España máis de 20 referencias distintas de solares e aftersun de Mercadona, fabricadas por Provedores Totaler como RNB en La Pobla de Vallbona (Valencia), Amifar Laboratorios en Peligros (Granada), Perseida en Jerez de los Caballeros (Badajoz), Minus 417 en Israel e Dalli Group en Alemaña.

Así mesmo, existen solares de Mercadona con diferentes factores de protección, formatos e características, como leites solares, sprays, aceites, proteccións faciais, etc.; todos protexen das radiacións UVA+UVB, conteñen activos hidratantes e antioxidantes para o coidado da pel, son resistentes á auga e están dermatoloxicamente testados, ao igual que os aftersun, que ademais son calmantes, refrescantes e recomendados para aplicar despois da exposición ao sol.

Lineal de solares e aftersun dun supermercado de MercadonaLineal de solares e aftersun dun supermercado de Mercadona.

Logo EActiVate