Proposta presentación pratos para o Nadal

Mercadona presenta unha sección web dedicada ao Nadal

08 de novembro de 2022
  • “O Xefe” poderá encontrar, de forma máis áxil, práctica e cómoda, unha selección de produtos, receitas, propostas de decoración ou ata ideas para regalar durante estas festas nun mesmo punto.
  • Dispoñible ata o 7 de xaneiro na páxina web corporativa da compañía.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, presenta unha sección web dedicada ao Nadal. Dispoñible ata o 7 de xaneiro, “O Xefe” (cliente) poderá encontrar de forma máis áxil, práctica e cómoda, todo o contido relacionado con esta época do ano nun mesmo punto.

Dende unha selección de produtos da máxima calidade, receitas, propostas de decoración da mesa ou ata ideas para regalar durante estas festas, estarán dispoñible na páxina web corporativa da compañía, dentro da sección Consellos.

A aposta por esta sección, que repite tras o éxito obtido o pasado ano cando se implantou por primeira vez, busca facilitar a navegación do “Xefe” para o contido dedicado ao Nadal, época en que aumenta a necesidade de información relacionada co ocio, coa cociña ou cos regalos, entre outros.

Proposta presentación pratos para o NadalProposta presentación pratos para o Nadal.