A nova Crema Strawberry de Royal Swan, no lineal de Mercadona

Mercadona presenta as súas novas cremas de Turrón e de Amorodo

23 de decembro de 2021
  • As novas variedades sorprenderon ao “Xefe” (cliente) e xa superan as 4.000 botellas vendidas ao día.
  • Os Provedores Totaler Bardinet (Gélida, Barcelona) e Espadafor (Escúzar, Granada) elaboran estas bebidas coa marca Royal Swan.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, presenta as novas cremas de Turrón e de Amorodo para servir frías ou con xeo. Estas variedades sorprenderon ao “Xefe” (cliente) e xa superan as 4.000 botellas vendidas ao día.

Dentro da súa Campaña de Nadal “O mellor para dar o mellor”, Mercadona seleccionou este ano unha serie de produtos entre os que se encontran estas bebidas doces para que os “Xefes” poidan dar o mellor aos seus nos seus eventos do Nadal.

O Provedor Totaler Bardinet elabora nas súas instalacións de Gélida (Barcelona) a crema de Amorodo e Espadafor produce en Escúzar (Granada) a Crema de Turrón, ambas as dúas coa marca Royal Swan.

A nova Crema de Turrón de Royal Swan, no lineal de MercadonaA nova Crema de Turrón de Royal Swan, no lineal de Mercadona.

A nova Crema Strawberry de Royal Swan, no lineal de MercadonaA nova Crema Strawberry de Royal Swan, no lineal de Mercadona.