Tratamento para uñas Sérum SOS Deliplus dispoñible en Mercadona

Mercadona presenta o seu novo sérum para reparar uñas danadas

03 de febreiro de 2023
  • Trátase dun sérum bifásico que mellora a condición das uñas dende o primeiro momento da súa aplicación.
  • O Provedor Totaler Youcosmetics fabrica este produto nas súas instalacións situadas en Gavà (Barcelona).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, pon á venda o seu novo tratamento para reparar uñas danadas chamado ‘SOS Serum’ de Deliplus. Este produto, dispoñible dende o pasado mes de xaneiro nas máis de 1.600 tendas que a compañía ten en España e Portugal baixo a marca Deliplus, é elaborado polo Provedor Totaler Youcosmetics nas súas instalacións situadas en Gavà (Barcelona).

O sérum bifásico de Mercadona mellora a condición das uñas dende a primeira aplicación. Está pensado para uñas debilitadas, ao tempo que nutre e protexe fronte a posibles roturas. Así mesmo, estimula o crecemento san, aumentando o grosor natural e a súa forza.

Tratamento para uñas Sérum SOS Deliplus dispoñible en Mercadona Tratamento para uñas Sérum SOS Deliplus dispoñible en Mercadona.