Crema e contorno de ollos Prevent Age Skin da Perfumería de Mercadona

Mercadona presenta dúas novidades faciais para previr os primeiros signos do envellecemento

28 de xaneiro de 2022
  • Baixo a liña Prevent Age Skin, a compañía desenvolve unha nova crema facial e un contorno de ollos.
  • Os Provedores Totaler responsables de elaborar estes produtos son RNB nas súas instalacións situadas en La Pobla de Vallbona (Valencia) e Rofersam en Les Franqueses del Vallès (Barcelona).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, desenvolve, baixo a liña Prevent Age Skin, dúas novidades para previr os primeiros signos do envellecemento: unha crema facial e un contorno de ollos. Ambos os dous produtos están dispoñibles en toda a cadea desde finais do pasado mes de decembro.

A crema Prevent Age Skin de Mercadona, elaborada polo Provedor Totaler Rofersam en Les Franqueses del Vallès (Barcelona), de textura lixeira e rápida absorción, está formulada con ingredientes hidratantes e protectores da barreira cutánea. Entre os seus principais activos, destaca o extracto de células nai Rosa Alpina e o extracto de trigo sarraceno.

Por outro lado, na composición do contorno de ollos Prevent Age Skin de Mercadona, elaborado polo Provedor Totaler RNB en La Pobla de Vallbona (Valencia) e que persegue atenuar as bolsas e olleiras ao recuperar a flexibilidade e firmeza da pel grazas ao seu efecto tensor e iluminador, destaca o activo bakuchiol, os proteoglicanos e un péptido con efecto ‘botox like’.  

Crema Contorno de Ollos Prevent Age Skin, na Perfumería de MercadonaCrema Contorno de Ollos Prevent Age Skin, na Perfumería de Mercadona.

Crema Textura Lixeira Prevent Age Skin, na Perfumería de MercadonaCrema Textura Lixeira Prevent Age Skin, na Perfumería de Mercadona.