- O produto, caracterizado pola súa alta achega en fibra e proteína, trunfa entre os “Xefes” (clientes) que buscan coidarse.
- Pan Milagros é o Provedor Totaler responsable de elaborar este produto no municipio de Illescas (Toledo).
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, pon á venda unha nova fogaza cun 50% de fariña de centeo. Esta novidade, dispoñible dende setembro en toda a cadea, trunfa entre os “Xefes” (clientes) que buscan coidarse polo seu alto contido en fibra e proteína.
A nova fogaza cun 50% de fariña de centeo de Mercadona, que se ofrece en formato de medio quilo aproximadamente e está elaborada polo Provedor Totaler Pan Milagros nas súas instalacións situadas en Illescas (Toledo), adóitase consumir como torrada polo seu tamaño rectangular, ou ben, como acompañamento nas comidas.
Fogaza cun 50% de fariña de centeo na sección forno de Mercadona.