- Este produto, dispoñible en toda a cadea dende mediados do mes de marzo, achega un perfume intenso á roupa a través do lavado na lavadora.
- Trátase da última innovación da compañía captada tras observar e escoitar ao “Xefe” (cliente) na súa casa.
- O Provedor Totaler Inquiba é o responsable de fabricar, baixo a marca Bosque Verde, este produto nas súas instalacións situadas en Guareña (Badajoz).
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, pon á venda un novo Perfumador para a Roupa Intensificador de Fragrancia e vende máis de 6.000 unidades ao día. Este produto, elaborado baixo a marca Bosque Verde polo Provedor Totaler Inquiba nas súas instalacións de Guareña (Badajoz), púxose á venda nalgunhas zonas de Andalucía e Extremadura a finais de 2019 e, tras a boa acollida dos clientes, foise ampliando progresivamente ata quedar implantado en toda a cadea a mediados do mes de marzo de 2020.
A principal característica da última innovación da compañía, froito da observación e escoita do “Xefe” (cliente) na súa casa, é que achega un perfume intenso á roupa a través do lavado na lavadora. Este Perfumador para a Roupa Bosque Verde, dispoñible na sección Limpeza e Fogar, véndese nunha botella de 720 ml por 2,90 € a unidade.
Novo Perfumador Roupa Bosque Verde de Mercadona.
Lineal de Mercadona onde se vende o novo Perfumador Roupa Bosque Verde.