Proposta de regalos para o Día da Nai, dispoñibles na Perfumería de Mercadona

Mercadona pon á venda sete edicións limitadas de produtos para o Día da Nai

27 de abril de 2021
  • En cada unha destas seleccións inclúese, ademais do produto principal, un detalle como un fular, un rodete de masaxe de xade, un neceser ou un saquiño de tela.
  • Tres lotes de perfumes, dous de coidado facial, un de coidado corporal e un de fragrancia para o fogar, son as distintas opcións que este ano a compañía lle propón ao “Xefe” (cliente), para que encontre o regalo que mellor se adapte ás súas necesidades.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, pon á venda sete edicións limitadas de produtos ideados como proposta para regalar o Día da Nai. A aposta deste ano confórmana tres lotes de perfumes, dous de coidado facial, un de coidado corporal e un de fragrancia para o fogar. Ademais, todos estes produtos, dispoñibles na Perfumería de Mercadona ata esgotar as existencias, levan no seu interior un detalle adicional ao produto principal, como un fular, un rodete de masaxe de xade, un neceser ou un saquiño de tela.

O perfume ‘The Rose’ caracterízase por ser unha fragrancia fresca e a froita ao inicio, cun cualitativo fondo de pachulí, almiscre e vainilla. Esta novidade leva dentro un fular inspirado na primavera. ‘You Are Perfect’ é un lote composto por unha fragrancia que recrea un impacto floral intenso, unha loción corporal hidratante e unha tarxeta dedicatoria para personalizar o regalo. Por último, ‘Soplo Musk’ está composta por un perfume floral e acompañada por unha crema das mans e un neceser.

Entre os hidratantes faciais destaca ‘Hidra Glow Ampollas’, un lote que inclúe catorce viais con distintas propiedades como hidratar ou achegar luminosidade. ‘My Moment Face’ é un innovador tratamento composto por catro sérums pensados para recuperar a enerxía e a vitalidade da pel. Ademais, este paquete inclúe un rodete de masaxe de xade para masaxear o rostro, o pescozo e o escote.

Para o corpo, a proposta é o lote ‘Body Neceser My Moment’ composto por un neceser, un exfoliante corporal, unha loción hidratante e unha bruma que proporciona unha agradable sensación de benestar. E para o fogar, creouse ‘Home Moment Cashmere’, unha fragrancia con aroma aveludada, aderezada con notas de vainilla.

Proposta de regalos para o Día da Nai, dispoñibles na Perfumería de MercadonaProposta de regalos para o Día da Nai, dispoñibles na Perfumería de Mercadona.

 

Logo EActiVate