- Estas coleccións están dispoñibles na Perfumería da compañía ata esgotar as existencias.
- O Provedor Totaler responsable de elaborar estas coleccións é RNB en La Pobla de Vallbona (Valencia).
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, ofrécelles aos “Xefes” (clientes), dende principios de novembro e ata a fin das existencias en todas súas tendas, oito opcións de coleccións de fragrancias distintas, todas elas elaboradas polo Provedor Totaler RNB situado en La Pobla de Vallbona (Valencia), pensadas para regalar este Nadal.
Entre este ampla selección de fragrancias de Mercadona, para as mulleres destaca o lote Rose Nude composto por unha eau de parfum en frasco e en roll-on, un body milk, e unha caixa xoieiro; o Elección, que conta cunha eau de parfum, body milk, crema das mans e unha caixa-xoieiro con espello; o Como Tú Oro, cunha eau de toilette, un minivaporizador e unha candea perfumada, ou ben, o Extra Time Likes For Her, cunha fragrancia e un práctico neceser.
Para os homes, destaca o Extra Time Likes For Him con fragrancia e mochila; o Como Tú Plata, con eau de toilette, minivaporizador e xel de baño; o lote Él, con fragrancia, xel-xampú e caixa de madeira; ou o DJ Mariio, composto por eau de toilette, xel de baño e xampú, presentado nunha bandexa de plástico 100 % reciclado e inspirado no youtuber que dá nome á colección.
Lotes de fragrancias na Perfumería de Mercadona.