Nova campaña do Aceite de Oliva Virxe Extra Casa Juncal Colleita Temperá, no lineal de Mercadona

Mercadona pon á venda a nova campaña do Aceite de Oliva Virxe Extra Casa Juncal Colleita Temperá

30 de decembro de 2020
  • Trátase dun monovarietal elaborado coas olivas recollidas entre finais de outubro e a primeira quincena de novembro, caracterizado por ser un aceite máis afroitado e de sabor intenso con perfecto equilibrio entre amargo e picante.
  • Este aceite provén de terreos de oliveiras situados nas abas do parque natural de Sierra Andújar (Jaén) e é elaborado polo Provedor Totaler Oro Bailén.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, pon á venda a nova campaña do Aceite de Oliva Virxe Extra Casa Juncal Colleita Temperá. Trátase dun monovarietal caracterizado por ser un aceite máis afroitado e de sabor intenso con perfecto equilibrio entre amargo e picante.

Este aceite, producido polo Provedor Totaler Oro Bailén, provén de terreos de oliveiras da variedade picual en regadío, situadas nas abas do parque natural de Sierra Andújar (Jaén). Elaborado coas olivas recollidas entre finais de outubro e a primeira quincena de novembro, estado de maduración no que este froito encontra o seu punto óptimo para conseguir unhas sensacións olfactivas e gustativas máis frescas, fragrantes, verdes e harmoniosas, á vez que os seus compoñentes máis saudables se encontran nos seus valores máis altos.

Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supón un novo paso na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria nacional.

Nova campaña do Aceite de Oliva Virxe Extra Casa Juncal Colleita Temperá, no lineal de MercadonaNova campaña do Aceite de Oliva Virxe Extra Casa Juncal Colleita Temperá, no lineal de Mercadona.

Fincas de oliveira situadas nas abas do parque natural de Sierra Morena (Jaén)Fincas de oliveira situadas nas abas do parque natural de Sierra Andújar (Jaén).

Logo EActiVate