- O chan queda agora máis brillante e sen pegadas, disolvendo a sucidade na auga e deixando o caldeiro de fregar limpo.
- O Provedor Totaler SPB elabora este produto nas súas instalacións situadas en Cheste (Valencia).
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, perfecciona a fórmula dos seus limpadores de chans Bosque Verde e aumenta a súa eficacia. Agora, o chan queda máis brillante e sen pegadas. Ademais, a sucidade disólvese na auga, evitando que quede adherida ao caldeiro de fregar e que haxa que lavalo despois. A gama de limpadores de chans de Mercadona está dispoñible en catro aromas: Piñeiro, Spa, Flor de Cerdeira e Lavanda.
Así mesmo, a compañía, en colaboración co Provedor Totaler SPB, responsable de elaborar este produto nas súas instalacións situadas en Cheste (Valencia), apostou por un envase fabricado con plástico reciclado, co obxectivo de minimizar o seu impacto no medio ambiente.
Máxima calidade ao mellor prezo
Mercadona puxo en marcha a estratexia SPB (Sempre Prezos Baixos) en 1993, despois de observar e constatar que os produtos que máis se vendían eran os que tiñan unha máxima calidade ao mellor prezo, sempre nesa orde; e non cambiaban constantemente o seu custo. Durante todos estes anos, a compañía non deixou de apostar pola calidade, que é un dos retos principais aos que a diario se enfrontan todos os departamentos da cadea e cuxo impulso representa unha clara oportunidade para poder seguir ofrecéndolle ao “Xefe” (cliente) produtos, un a un, diferenciais.
E todo a través dunha estratexia que fomenta o consumo consciente e crítico, que se guía por criterios sociais e medioambientais, e que persegue un obxectivo claro: garantir un consumo de produtos da máxima calidade co menor impacto posible e axudar así a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan este planeta e das xeracións futuras.
Limpador de chans de Mercadona.
Imaxe de cabeceira: Mª José Álvarez, especialista en superficies e chans de Mercadona, mostra como agora a sucidade se disolve na auga deixando o caldeiro de fregar limpo.